O rastrexado do liño

Rastrexar o liño consistía en pasar por unha especie de peite o liño para que quedase mais «sedoso». As sonoridades deste proceso destacan polos agudos e medios que crea o liño ao pasar por entre os cravos do peite. Tamén se aprecian certos graves creados pola madeira onde están cravadas as puntas, que actúa como caixa de resonancia dos sons do rozamento do liño contra as puntas.

Gravado cunha gravadora TASCAM HD-P2 empregando un microfono RODE-NT4

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual 2.5