Manuela da Pedreira, cantareira

Velaí tedes á miña tia Manuela de 90 anos. Nada na Pedreira, Roupar de Abaixo, arranca a cantar e a miña familia está presente o carón do lume dun día gris de 2008 xunto a ela; aló andaban a miña madriña Aurita, a miña tia Carmiña, a miña avoa Ermitas e o meu querido pai David (que grava) tomando todos un cafetiño.

A gravación foi feita cunha gravadora de son dixital normaliña na cociña do meu padriño Eladio e madriña Aurita.

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - SenObraDerivada 2.5