Igrexia de San Lourenzo (Meis)

Cedo pola maña no atrio da igrexia de San Lourenzo. Os paxaros saudan con gran alegría a chegada dun novo día. Pola carreteriña da igrexa, algún coche pasa, seguramente xente que vai pa traballar. Ao lonxe, como querendo competir cos paxaros, algún can ladra. Tamén un tímido cuco que parece querer non molestar. Os galos cantan ao lonxe, anunciando ós que non esteñan despertos, a chegada dun novo día. Uns atrevidos corvos, pasan caseque ao lado mesmo do gravador, seguidos por unhas valientes pegas. De fondo, omnipresente, os graves do run run do pasar dos coches pola autovía.

Gravado cos 4 micros internos dun Zoom H2. Misturado, postproducido e renderizado en ardour a unha versión estereo da toma.

Comentar que aparecen uns saltos nas moi baixas frecuencias (en torno ós 30 Hz.), moi curiosos, e cuxa fonte non fomos quen de precisar. Non pensamos que se trate dun defecto do equipo gravador, pois na toma anterior e siguiente a esta (con apenas 5 min. de diferencia), non se produciu ningúnha interferencia deste tipo.

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - NonComercial - SenObraDerivada 2.5