Estación de Miño

Apeadeiro de Miño

Serie estacións. No medio do pobo, escondida entre ferranchos, está o apeadeiro de Miño. Con casas a un lado e a outro da via, a xente aproveita o sábado pola maña para facer as tarefas de coidado da casa e da finca. Motores de segadoras, martillazos, golpes… De repente, algo bufa ao lonxe… Unha locomotora sen vagóns, para a que non estabamos preparados, que pasa saturando todo coa sua terrible presión sonora. Despois retorna a tranquilidade do sábado pola maña. De fondo de xeito continuo, o bulir do tráfico que vai e ven cara a praia misturase co cantar dos paxariños que celebran o bo dia de sol que parece vai facer, e co falar da xente que pasa pola carreteira facendo as súas compras ou indo camiño da praia.

Foto de Angel Lopez

Gravado cun gravador TASCAM HD-P2 empregando un micro estereo RDODE-NT4

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual 2.5