Estación de Miño 03

Apeadeiro de Miño – Pasarela peatonal

Serie estacións. A pasarela para o acceso ao anden de Miño está construída en metal, e ao pisar por ela, prodúcese un son cheo de graves reverberantes que se meten no corpo e parecen dicir que a oxidada pasarela vaise caer destartalada baixo os nosos pasos. De fondo, escoitándose cada vez mais conforme nos acercamos a ela, o ruído do tráfico da carreteira desde a que se accede ao apeadeiro. Os paxaros, inmunes aos retoques queixosos da pasarela, continúan co seu cantar.

Foto de Angel Lopez

Gravado cun gravador TASCAM HD-P2 empregando un micro estereo RDODE-NT4, sen empregar un estabilizador no microfono, polo que, en certos momentos, escoitase ruidos de cable de micro.

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual 2.5