Estación de Franza 02

Estación de Fraza.

Serie Estacións. Un avión pasando no veo racha a tranquilidade do lugar. Os cans ládranlle como querendo espantalo da casa, ou avisar os seus donos, por se non se enteraran. Como corresponde a un lugar en medio de ningures, a tranquilidade é total. Os paxaros campan a súa bola, e apenas distinguimos o son do tráfico moi, moi ao lonxe. De pronto, cara o final da gravación, e sen avisar, unha locomotora de tren desaparece case tan rápido como aparece, e sen aviso ningún. Unhas voces nos indican que a casa da estación está habitada.

Foto de Angel Lopez

Gravado cunha gravadora TASCAM HD-P2 empregando uns micros RODE NT-4

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual 2.5