Coruña – Auga entre as rocas

O mar na zona da bahia protexida polo dique de abrigo está bastante tranquilo. Se nos acercamos o suficiente podemos escoitar o subir e baixar do mar sobre as rocas, como acariñandoas, coas pequenas olas que se forman dentro da bahia. Tamen escoitamos os pescadores que se xuntan nesta zona a ver se collen algo. Cada vez que lanzan parece como se unha frecha salise disparada. De fondo, o porto, industrial, enchendo de graves o espectro sonoro.

Gravado cun gravador portatil Zoom H2 cos micros traseiros en posición de 120 graos.

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual 2.5