Betanzos – Fonte de Pica cha

Cerca da civilización, pero apartada dela, está a fonte de Pica cha, en Betanzos. O son do correr da auga polos caños da fonte é o que domina a paisaxe sonora. De fondo os paxaros parecen confundirse co son da auga. De cando en vez coches pasando amodiño ao carón da fonte. A xente acode a ela a coller a auga que está moi rica. Xente falando, e sons de portas de coches que se abren e se pechan…

Gravado cos micros internos dunha videocamara Panasonic NS-VG24.

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual 2.5