Apeadeiro de Perbes 02

Apeadeiro de Perbes

Serie Estacións. A actividade no apeadeiro un sábado pola maña, parece ser frenética. Coches que veñen, que van.. De repente, entendemos por que, o Rexional está chegando. Fai a súa parada e algún pasaxeiro baixa na estación. Despois o rexional arranca de novo e pouco a pouco a tranquilidade volve a reinar. Interrompida polo pasar e parar de coches. Xente pasando continuamente, e ao lonxe, de cando en vez, alguen falando. Ata se escoita algún tractor pasar atronando todo… Polo baixo, como con timidez, ala no fondo, asoma algún paxariño, como querendo recordar que, pese á insistencia do progreso por ignoralo, seguimos no medio da natureza.

Foto de Angel Lopez

Gravado cun gravador TASCAM HD-P2 empregando un micro estereo RDODE-NT4.

baixar
Licenza Creative Commons Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual 2.5