Campás e campaneiros

16 febrero 2009

Unha pequena escolma de toques de campás

O pasado 13 de Setembro escoitar.org foi invitado polo grupo de música tradicional Os chichisos á realizar a gravación da xornada de toque de campás que foi organizada por eles mesmos na igrexia parroquial de A Insua, no concello de Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra. [GOOMAPS-09]

Como era unha invitación bastante apetitosa, i en escoitar.org somos bastante larpeiros, ala nos fomos coa nosa maquinaria dispostos a que non quedara toque de campá sen recoller.

Ese día realizaronse distintos tipos de toques de campas por diferentes campaneiros da zona. Estiveron representados, entre outros, a parroquia de Taboadelo, a de Arcade, a de Augasantas, e como non, a anfitriona, a parroquia da Insua. [LAGO-08] [GONZALEZ-08]

Aquí tedes unha escolma dos distintos toques que se podieron escoitar ese día, organizados polo tipo de toque, e onde se pode apreciar claramente as diferencias existentes entre como son os toques en cada unha das distintas parroquias.

 

1.Toque de Procesión

Este é o toque que se dá durante a celebración das procesións dunha determinada parroquia.

Neste audio podemos escoitar como é este toque na parroquia de A Insua:

2.Toque de Anxos

Nesta gravación aparece recollido o toque de anxos tal e como se fai na parroquia de A Insua:

3.Toque de Ánimas

O toque de ánimas era o último toque que se daba no dia, entre as 8 e as 9 da noite, e indicaba a hora de rematar as tarefas cotidians e recollerse para cear. O seu toque aconsellaba un rezo en recordo das ánimas d@s defunt@s da parroquia.[Xabier-02]

Velaqui o toque tal cual se dá na igrexa de A Insua:

4.Toques de Defuntos

Os toques de difuntos son aqueles que se dán cando algún dos membros da parroquia ten falecido. Dependendo da idade e o xereno da parseona morta, os toques son de distinta característica.

4.a.Toque de Anxeliño

Un anxeliño era un rapaz ou rapaza que morría antes de recibir a primeira comunión (en torno aos 7 anos). O toque que daban as campas era distinto para este tipo de defuntos, dada a sua corta idade.

Velaqui o toque de Anxeliño, tal e como era empregado na parroquia de A Insua:

4.b.Toque de difunto home

Este é o tipo de toque que se emprega cando o difunto é un home. Este tipo de toque inda se emprega hoxe en dia con gran profusión da variantes.

Aquí está a versión que se emprega na parroquia de A Insua:

I esta outra toma correspondese co toque que se emprega na parroquia de Augasantas:

E outra toma mais, que se corresponde co toque tal e como o dan na parroquia de Arcade

4.c.Toque de difunto muller

Cando a recien finada é unha dona, o toque de difunto é distinto, tal e como se pode apreciar nas seguintes gravacións.

Aqui o toque de difunto para unha muller, tal e como se da na parroquia de Augasantas:

E aqui podese escoitar o mesmo toque, pero tal e como o usan na parroquia de Arcade

Outra versión do mesmo toque, desta vez tal e como o dan na parroquia de Taboadelo:

4.d.Toque de entrada de difunto

Un tipo especial de toque de difuntos é o que se dá cando, nos funerales de corpo presente, o cadaleito é introducido no espacio da igrexa. Para esta ocasión hai reservado un toque especial que se emprega somentes no momento previo ao comezo do funeral.

Aqui temos este toque tal é como se utiliza na parroquia de Arcade

E aquí o mesmo toque noutra variante, a que se emprega na parroquia de A Insua:

Aqui a versión que se emprega na parroquia de Augasanta para o mesmo oficio:

Outra variante mais, do mesmo toque, desta volta tal e como a emplean na parroquia de San Pedro:

E outra variante mais, para este mesmo toque, da parroquia de Arcade:

5.Toques de Semana Santa

Outro dos elementos que conta con gran profusión de variacións de toques de campá é a semana santa. Para este periodo cada día ten sinalado o seu toque especifico, asi como variacions sobre os toques ordinarios dos distintos oficios do dia.

05.a.Toque de Xoves Santo

Este era o toque que se daba para anunciar os oficios do dia do sabado. Como curiosidade comentar que despois deste toque e ata o dia do sabado suspendíanse todos os toques con campás, empregandose nalguns lugares, en lugar de campas, matracos, que era co que se daban os anuncios e toques de oficios deses días.

Aqui temos a versión deste toque tal e como se dá na parroquia de A Insua:

 

05.b.Toque de Sabado Santo

Despois do toque do Xoves Santo, a lingua das campas era atada cun cordel para impedir que sosenaran de xeito intencionado ou non, ata os oficios do Sabado Santo, momento no que eran destadas e postas a tañer de novo.

Nesta toma podemos escoitar o toque do Sabado santo que se daba na parroquia de A Insua:

 

05.c.Toques de Domingo de Resurrección

O Domingo da semana santa ten unha importancia vital no calendario cristiano, i este feito aparece refrexado tamén nos toques de campana. Para este día as campanas tocabanse ata en tres ocasións (chamadas convocatorias) para que ninguen perdera de aistir aos oficios dese día por non ter oido o toque de chamada.

Aqui temos unha gravación dos toques de chamada a misa do Domingo de resurrección en primeira convocatoria, tal e como se dabán na parroquia de A Insua:

E iste é o toque de segunda convocatoria para ese mesmo dia nesa mesma parroquia:

E finalmente, este é o toque de terceira convocatoria, que se daba pouco antes de comezar a misa maior do domingo de resurrección:

 

6.Toques de Chamada a misa

Unha das funcións primordiais das campás dunha igrexa era o avisar aos fieles do comezo das misas. Sobre todo, a misa mior do domingo, para o que cada parroquia tiña o seu toque particular.

Aqui podemos escoitar como era o toque de chamada a misa maior de domingo na parroquia de A Insua:

E nesta outra toma, escoitamos a versión do toque na parroquia de Augasantas:

Comparense, para ver as diferencias o toque das tomas anteriores, con que se mostra a continuación, que se corresponde co toque que se emprega na igrexa maior de Benavente, en Leon:

 

7.Toques de Repique

Cando se producia algunha situación excepcional de peligro, ou cando había algún aviso que dar, se quería xuntar aos veciños dunha parroquia, ou simplemente se quería montar algo de algarabía para mostrar a alegría da parroquia por algún acontecemento en particular, empregabanse os toques chamados de repique.

Nesta gravación podemos escoitar o repique tal e como se dá na parroquia de A Insua:

E nesta outra toma, o mesmo toque, tal e como é empregado na parroquia de Augasantas

Ou nesta outra toma, onde é o campaneiro de Taboadelo, que nos amosa como se dá na sua parroquia este toque:

 

8.Toque de chamada a oración

Tal e como din os nosos maiores, nos tempos de antes, era usual parar as actividades cotidians para rezar unha pequena oración varias veces aos días. Nalgunhas parroquias, para recordar aos veciños estes momentos, dabanse estes toques de chamada a horación, que indicaban o momento de deter para facer a oración. Estes toques repetíanse en momentos concretos ao longo do día, de xeito que, moitas veces, mais que para facer que @s parroquian@s rezaran, servían para que estes souberan en que altura do día estaban.

Aquí temos unha gravación do toque de chama a oración tal e como se daba na parroquia de A Insua:

 

9.Toque de comunión

Nalgunhas parroquias, no momento de dar a comunión na misa, as campas tocaban de xeito especial, dando o que se conocía como toque de comunión.

Este é o toque de comunión tal é como é empregado na parroquia de A ínsua:

 

10.Toque de Festa

Algunhas parroquias eran especialmente festeiras, e para os días de celebración dos santos da igrexia tiñan un toque especial, o chamado toque de Festa, que somentes era empregado os días no que se honraba a algun dos seus santiños.

Aqui podemos escoitar o toque de Festa da parroquia de Augasantas:

 

11.Campaneiros

Todos estes toques non se perderon no olvido dos seculos gracias a uns personaxes anónimos, que en cada parroquia de Galicia, e de uns a outros, se foron pasando as normas e os tempos dos toques: Os campaneiros.

Aquí temos o da parroquia da ínsua falando das suas queridiñas campás:

 

REFERENCIAS

(en galego)

[Chichisos-09]Chichisos, Os, Weblog dos Chichisos[en línia]. Os Chichisos, 2009 [Data da consulta: 2 de febreiro do 2009]. Dispoñible en http://chichisos.wordpress.com/

[LAGO-08]Lago, Chelo, Ao sons das campás [en liña]. La voz de Galicia, setembro 2008 [Data da consulta: 4 de febreiro do 2009]. Dispñible en http://www.lavozdegalicia.es/pontev…

[Longina-09]Longina, Chiu, Campás e campaneiros, Insua (Ponte Caldelas – Pontevedra) [en liña]. Chiu Longina, 2008 [Data da consulta: 4 de febreiro do 2009]. Dispoñible en http://www.longina.com/chiu/archive…

[Xabier-02]Xabier, A fala das campas na sociedade tradicional, Suplemento Tempos, Vieiros, 2002 [Data da consulta: 6 de febreiro do 2009]. Dispoñible en http://vello.vieiros.com/gterra/ant…

[VVAA-ESC-09]VVAA, Proxecto escoitar.org, [en liña], escoitar.org, 2009 [Data da consulta: 6 de febreiro do 2009]. Dispoñible en http://www.escoitar.org/

(en castelán)

[GONZALEZ-08]Gonzalez, Silvia, El silencio de las campanas se ha roto [en liña]. La voz de Galicia, setembro 2008 [Data da consulta: 4 de febreiro do 2009]. Dispñible en http://www.lavozdegalicia.es/pontev…

[RIVERA-06]Rivera Rouco, E., Os toques das campás en As Pontes [en línea]. Asociación Informática Amigus As Pontes, 2006 [data da consulta: 2 de febreiro do 2009]. Dispoñible en http://www.amigus.org/web/archives/…

[VVAA-CAMP-09]VVAA, Pàgina oficial dels Campaners de la Catedral de València [en liña], Campaners de la Catedral de València, 2009[Data da consulta: 6 de febreiro do 2009]. Dispoñible en http://campaners.com

[WIKI-09]Colaboradores de Wikipedia. Campana (instrumento) [en línea]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2009 [fecha de consulta: 1 de febrero del 2009]. Disponible en http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Campana_(instrumento)

(en ingles)

[GOOMAPS-09]Google, Google Maps, Google Maps, 2009 [Data da consulta: 6 de febreiro do 2009]. Dispoñible en http://maps.google.es/?ie=UTF8&…

[RODE-08]RODE, Rode NT-4 mic product webpage[en línea]. Rode Microphones, 2008 [Data de consulta: 27 Agosto 2008]. Dispoñible en http://usa.rodemic.com/microphone.p…

[TASCAM-07] TASCAM, HD-P2 Product webpage, TASCAM, 2007 [Data de consulta: 26 Agosto 2008]. Dispoñible en http://www.tascam.com/products/hd-p…